Morren dúas persoas por COVID na Coruña e Lugo elevando a 723 as vítimas totais en Galicia

A persoa falecida en Lugo estaba ingresada no HULA, era un home de 94 anos que proviña da residencia de Outeiro de Rei.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/09/2020 | Actualizada ás 19:59

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade notificou dous novos falecementos vinculados á COVID-19 na comunidade, os de dous pacientes que se atopaban ingresados na Coruña e Lugo. A última comunicación da morte dun paciente con coronavirus, un octoxenario ourensán, fora na mañá do martes.

En concreto, segundo a información do departamento sanitario da Xunta, os falecidos son unha muller de 79 ingresada no CHUAC da Coruña e un home de 94 anos que se atopaba no Hospital Lucus Augusti de Lugo e que proviña da residencia DomusVi de Outeiro de Rei. Ambos presentaban patoloxías previas.

Con iso, a cifra de falecidos vinculados á pandemia desde o seu inicio en Galicia ascende a 723 e, desde o comezo da 'nova normalidade', son xa 102. A primeira morte deste período foi a dunha muller o 7 de agosto.

Antes diso, a Comunidade encadeara case dous meses --desde o 10 de xuño-- sen decesos relacionados co coronavirus. Hai xusto unha semana, o pasado mércores, Galicia superaba a barreira dos 700 falecidos.

Unha sanitaria realiza unha proba PCR a un condutor en Monforte de Lemos (Lugo).. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo
Unha sanitaria realiza unha proba PCR a un condutor en Monforte de Lemos (Lugo).. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta