O custo de facer fronte ós incendios: 3'5 millóns de euros para os lumes de Ourense, segundo UU.AA.

Unións Agrarias insta á Xunta a rematar o "abandono" do rural para impedir que se repitan as vagas de lumes

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/09/2020 | Actualizada ás 18:30

Comparte esta noticia

O sindicato Unións Agrarias (UU.AA.) cifra nuns 3,5 millóns de euros o que custou extinguir a vaga de incendios forestais que calcinou miles de hectáreas en apenas unha semana deste mes de setembro na provincia de Ourense.

Esta é a contía que apuntou en rolda de prensa o responsable de Agricultura e Gandería Extensiva da organización, Xosé Ramón González, para confrontar este gasto co que se dirixe a agricultores e gandeiros en forma de subvencións, posto que eles, subliñou, realizan unha "xestión do territorio" que pode facer fronte aos lumes.

Ao seu lado, na mesma liña, o responsable de Desenvolvemento Rural de UU.AA., Xacobo Feijoo, aseverou que a problemática dos incendios non é forestal "senón de desenvolvemento rural", por "o abandono" ao que tamén puxo cifras: 500.000 hectáreas forestais nas cales só 320.000 están arboredos e unhas 60.000 en produción, segundo os seus números.

Tamén segundo os seus datos, na agricultura ocorre "algo parecido", cunhas 270.000 hectáreas agrarias das que só un 32%, unhas 88.000, "teñen algún tipo de actividade". Neste contexto, ambos instaron á Xunta a "concienciarse" de que "é unha guerra entre abandono e non abandono", e a "tomar nota" do sucedido en Portugal en 2017, con 68 vítimas mortais, "un serio aviso do que pode pasar en Ourense de seguir o abandono".

Xacobo Feijoo e Xosé Ramón González. UU.AA.
Xacobo Feijoo e Xosé Ramón González. UU.AA. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta