As familias de Compostela reclaman o acceso universal ao servizo de comedores escolares do concello

Por E.P. | Santiago de Compostela | 24/09/2020 | Actualizada ás 19:18

Comparte esta noticia

Representantes da Federación de ANPA Compostela denunciou a situación que viven as familias con fillos nos centros educativos da contorna e reclamou o acceso universal ao servizo de comedores escolares.

Comedor escolar
Comedor escolar | Fonte: Europa Press.

Segundo criticaron, o curso arrincou sen información nin acceso ás listaxes de admitidos ao servizo, o que dificultou a conciliación dos pais, e aínda é necesario adoptar accións de ampliación de espazos e monitorización para garantir a seguridade sanitaria.

Tamén mencionaron o caso de centros con comedores de xestión directa, con falta de recursos humanos e para manter o servizo de forma adecuada.

Neste sentido, esperan que o Goberno local articule solucións de urxencia, espazos e recursos xunto coas direccións dos centros para poder garantir a prestación do servizo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta