Por GC Tendencias | Vigo | 12/04/2013 | Actualizada ás 14:29
A pintora viguesa Beatriz González foi a elexida entre outros centos de artistas para a mostra de Arte Contemporánea na Agora Gallery de Manhattan, en Nova Iorque.
Nesta galeria poderanse ver ata seis cadros da pintora galega xunto coas obras doutros 34 artistas que foron seleccionados no Concurso Internacional de Artes Plásticas de Chelsea.
Agora Gallery
A Agora Gallery é unha das salas de exhibición de arte contemporánea con maior proxección do mundo. Establecida en 1984, é unha galería de Artes Plásticas, dedicada á promoción de artistas de todos os países con obras orixinais de alta calidade.
Tamén é anfitrión de eventos especiais que ofrecen soporte a organizacións de Artes Plásticas e Visuais, que fomenten a conciencia social e promovan a proteción do medio ambiente. A galería tamén é a editora da revista de arte ARTisSpectrum e é patrocinadora de Art Mine.com
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.