A V edición dos premios 'aRi[t]mar' reivindican a "irmandade lingüística e cultural" de Galicia e Portugal

A exconcursante de 'OT' Sabela e unha exministra de Cabo Verde, premiadas neste certame enmarcado no Festival Cantos na Maré.

Por Europa Press / Redacción | | 26/09/2020 | Actualizada ás 20:24

Comparte esta noticia

A V edición dos premios 'aRi[t]mar', enmarcados no Festival Cantos na Maré, reivindicou este sábado en Santiago de Compostela "a irmandade lingüística e cultural" entre Galicia e Portugal durante unha gala que reuniu a máis dun centenar de persoas.

O evento celebrado no Hotel NH Colection serviu para galardoar a diferentes personalidades da lusofonía como os poetas Carlos da Aira --premiado á mellor poesía galega con 'Prender os fachos, compor vos ósos'-- e Raquel Lima --mellor poesía portuguesa con 'Liberdade mais cruel'--.

Tamén se recoñeceu a música da cantante e exconcursante de 'Operación Triunfo' Sabela --mellor música galega por 'Despedida'-- e do cantautor António Zambujo --mellor música portuguesa con 'Catavento dá se'--, que actuaron na gala xunto a Miguel Araújo.

Ademais, recoñeceuse á exministra de Comercio e Turismo de Caboverde e exdirectora-xeral da Comunidade dos Países de Língua Portuguesa, Georgina Benrós de Mello, co premio especial do xurado á embaixada da amizade galego-lusófona. Con todo, non puido viaxar para recollelo e no seu lugar fíxoo o presidente da Academia da Lingua Portuguesa, Rudesindo Soutelo.

No evento deste sábado, o organizador do certame 'aRi[t]mar' e director da Escola Oficial de Idiomas de Santiago, Gonzalo Constenla, destacou "a popularización da música galego-portuguesa" a través dunha convocatoria que rexistrou máis de 5.000 votos por Internet.

PREMIADOS

O primeiro en recoller o seu galardón foi o poeta Carlos da Aira, que aplaudiu "a cada unha das persoas anónimas que desde o cotián traballan para establecer unha relación necesaria entre Galicia e Portugal".

Pola súa banda, a poetisa lusa Raquel Lima manifestou o seu desexo de que "o diálogo" entre as dúas linguas consiga ser "transformador" e inclúa "outros dialectos doutros territorios".

No apartado musical, Sabela asegurou sentirse unha "privilexiada" co galardón e agradeceu que eventos como este "tenten crear lazos que son moi beneficiosos para todos os artistas".

Así mesmo, António Zambujo dedicou o premio á cantange galega Uxía e confesouse, en referencia aos 10 temas finalistas aos que se impuxo, "impresionado pola calidade da música que se fai en Portugal hoxe en día".

A esta gala asistiron diferentes representantes da sociedade civil e política, entre eles o vicecónsul de Portugal en Galicia, Manuel Correia da Silva; o subdirector xeral de Acción Exterior e Cooperación Transfronteiriza, Xosé Lago García; a concelleira de Acción Cultural do Concello de Santiago, Mercedes Rosón; o deputado provincial de Cultura da Deputación da Coruña, Xurxo Couto; e o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García.

Artistas premiados polo certame 'aRi[t]mar' do Festival Cantos na Maré, celebrado no Hotel NH Collection de Santiago.. FESTIVAL CANTOS NA MARÉ
Artistas premiados polo certame 'aRi[t]mar' do Festival Cantos na Maré, celebrado no Hotel NH Collection de Santiago.. FESTIVAL CANTOS NA MARÉ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

2 uu1

Meus parabéns a todos os homenageados. Parece-me que este ato só trata de remarcar que há duas línguas. A variedade galega e a variedade lusitana não são línguas irmãs, são variedades de uma mesma língua. É bem certo que a situação do galego é desesperada, estando ao borde da extinção, mas a variedade lusitana “só” falado nas 2/3 partes. Se alguém tem dúvida que procure em youtube “diferenças entre o português padrão e o galego” e “as falas do norte”. Chegaremos à conclusão que no norte de Portugal falam galego ou que nós falamos português nortenho (sempre que não consideremos que o galego “de verdade” fala-se em Valladolid). Porque a variedade na qual temos todo disponível e a variedade brasileira, e temos a sorte de ser uma variedade muito fácil de entender pelos galegos, e se nós não entendemos aos lusitanos, os brasileiros tampouco. Aproveitemos todos os recursos das variedades do nosso idioma

1 Eue

Eiquí non falamos portugués, o modelo de colonización lusa fracasará.

1 José

"o modelo de colonización lusa" dis? Hai que ser miope para non ver que o único modelo colonizador é o español.

2 Calcadiños

Son o mesmo imperialismo, dende os "bilingues" de Gloria, ata os "binormativos" da agal.

3 José

Calzadiños, tira as orelleiras e a venda dos ollos, sae á rúa pola Curuña ou por Vigho e persebe, persebe o que se fala, e despois se queres, ves cantando o que viches e oiches. Colonialismo portujés, manda carallo...

4 BzRc

A diferencia é que vos non tedes ningún poder en Galicia para impoñer o portugués, e así ten que seguir sendo, polo demáis tedes a mesma mentalidade.

5 José

Mira bzerreira, a min non me metas en nengun saco oiches. Se realmente te preocupases polo galego recoñecerías a ameaza real do colonialismo español e non farías caso do que propaguen catro sociolinguistas que, polo demáis, teñen todo o dereito do mundo a expresar as suas opinións, máis alá de que algunhas persoas xulguedes ata os pensamentos. Era boa.