As oficinas comarcais de inclusión sociolaboral formarán parte da Historia Social Única Electrónica da Xunta

A HSUE é unha plataforma que integra todos os datos relativos á atención social dos beneficiarios do sistema galego de servizos sociais, o cal "facilita a coordinación de todos os axentes", afirma a Xunta.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/09/2020 | Actualizada ás 18:07

Comparte esta noticia

As 18 oficinas comarcais de inclusión sociolaboral adheriranse á Historia Social Única Electrónica (HSUE) da Xunta, que con esta acción busca "mellorar a eficacia do traballo dos profesionais" destes servizos que dependen tanto dos concellos como da Administración autonómica.

A través dun comunicado, o Goberno galego explica que esta iniciativa tamén permitirá "responder antes as persoas destinatarias" das diferentes prestacións, posto que "se acurtarán os tempos de tramitación" das solicitudes.

En concreto, as 18 oficinas comarcais de integración sociolaboral dan atención a municipios pequenos e medianos de toda Galicia e localízanse en Ames, Arzúa, Carballo, Noia, As Pontes, Begonte, Mondoñedo, Monforte de Lemos, O Corgo, Barbadás, O Carballiño, A Rúa, Sarreaus, Baiona, Lalín, Marín, O Porriño e Vilagarcía.

A HSUE é unha plataforma que integra todos os datos relativos á atención social dos beneficiarios do sistema galego de servizos sociais, o cal "facilita a coordinación de todos os axentes", afirma a Xunta. En concreto, o sistema emprega alertas e subscricións que avisan aos profesionais de calquera cambio na historia dunha persoa.

Así mesmo, a Administración galega asegura que a aplicación proporciona "unha identificación unívoca" de cada cidadán ao empregar a numeración do cartón sanitario. Isto "garante a seguridade" no acceso á información por parte dos profesionais, que accederán "só" a aquela que sexa "necesaria para o desenvolvemento do seu labor".

Complexo administrativo da Xunta en San Caetano. XUNTA
Complexo administrativo da Xunta en San Caetano. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta