Apenas un de cada dez galegos emprega o Radar Covid, ó nivel da media estatal

Os datos duplicáronse en só un mes, pero a incidencia segue a ser moi reducida.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/09/2020 | Actualizada ás 21:35

Comparte esta noticia

Un emprego insuficiente para deter o virus. Os últimos datos veñen de clarificar que, polo momento, a app Radar Covid está a ter un impacto moi limitado na loita contra o espallamento da enfermidade. Esa é a impresión que desprenden os datos da consultora Smartme Analytics, que vén de recoller os datos de uso da aplicación entre o 15 de agosto e o mesmo día de setembro.

Teléfono. JCCM - Arquivo
Teléfono. JCCM - Arquivo

A priori, as cifras estatais levan a pensar nunha marcha favorable, xa que nun só mes o uso do Radar creceu un 103%, é dicir, que se duplicou. Con todo, o espallamento entre a poboación a nivel xeral segue a ser reducido, especialmente se miramos ós segmento máis mozo. Segundo Smartme, entre os mozos de 18 e 24 anos de todo o estado só o 9'3% fai uso da aplicación.

Esta cifra resulta paradóxica porque, en principio, a xeración nativa dixital é a "menos concienciada", segundo a consultora. Os datos contrastan co maior seguimento da poboación de entre 35 e 44 anos (17'1%, o récord de todas as franxas), e os maiores de 55, onde a cifra é semellante.

GALICIA, NO CENTRO DA TÁBOA

En conxunto, apenas o 13'6% da poboación do estado fai un uso activo da aplicación, unhas cifras que discorren parellas á galegas. Segundo o estudo, só o 13'1% dos galegos dispón da app da permite rastrexar automaticamente os contactos das persoas contaxiadas e contactar con eles no caso de positivo para evitar a extensión da pandemia.

En contraste cos datos de Galicia destaca Aragón, que é a máis activa cun 22'8% de emprego. A cifra segue a ser insuficiente para soster o control epidemiolóxico pretendido, pero atópase moi por riba de Euskadi (9'5%) e Cataluña, que marca o récord á baixa con apenas un 7'5% de emprego por parte da súa poboación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta