A Fegamp remitirá aos concellos a información epidemiolóxica enviada pola Xunta

O acceso a esta información foi unha demanda reiterada por parte da Fegamp desde o inicio do Estado de alarma, sobre todo aquela desagregada que reflicta a incidencia en cada municipio, así como os diferentes brotes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/09/2020 | Actualizada ás 19:49

Comparte esta noticia

A Federación Galega de Municipios e Provincias trasladará ás entidades locais información epidemiolóxica que será remitida por parte do Goberno galego e que será actualizada os mércores e os venres de cada semana.

Así se trasladou nunha conversa telefónica entre responsables da Consellería de Sanidade e o presidente da Fegamp, Alberto Varela, segundo informa a federación nun comunicado enviado aos medios.

O acceso a esta información foi unha demanda reiterada por parte da Fegamp desde o inicio do Estado de alarma, sobre todo aquela desagregada que reflicta a incidencia en cada municipio, así como os diferentes brotes.

Neste sentido, de momento non contan coa garantía dos datos comprometidos "correspóndanse exactamente aos reclamados", aínda que a Fegamp valora o avance na apertura informativa por parte da Xunta.

"É imprescindible que os responsables municipais dispoñan dos datos adecuados e o máis actualizados posible para considera a adopción de medidas propias ou ter algún tipo de previsión respecto de asumir medidas ditadas polo Goberno autonómico e poder prepararse", indican.

O presidente da Fegamp, Alberto Varela.
O presidente da Fegamp, Alberto Varela.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta