A Coruña, libre de restricións sanitarias dous meses despois

Tamén se levantan as restricións en Lalín e Vilaboa.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 30/09/2020 | Actualizada ás 15:05

Comparte esta noticia

A Coruña quedará libre de restricións sanitarias despois de case dous meses. A cidade herculina e a súa área de influencia foron o pasado 8 de agosto as primeiras zonas de Galicia nas que se aplicaron medidas extraordinarias pola súa situación epidemiolóxica. De feito, en toda a área metropolitana houbo importantes restricións --maiores que na Coruña-- debido a un foco iniciado nun ximnasio de Culleredo.

Tamén se levantan en Lalín e Vilaboa, onde estaban vixentes desde o 12 de setembro, ademais de en Silleda, localidade pontevedresa nas que se aplicaron hai dúas semanas.

Dúas persoas pasean polo paseo marítimo da Coruña
Dúas persoas pasean polo paseo marítimo da Coruña | Fonte: EP

Pola contra, os municipios pontevedreses de Sanxenxo e Meis e o concello ouresano do Barco de Valdeorras súmanse desde a medianoite do xoves ás localidades con restricións extraordinarias para combater o avance da pandemia. Así o ditou a Consellería de Sanidade este mércores tras a reunión do comité clínico para a xestión da pandemia, que tamén acordou limitar a cinco persoas as reunións permitidas aen Ourense, cidade na reforzarase o control e a vixilancia con patrullas da Policía Autonómica.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta