A Xunta impulsa un programa con 120.00 euros para o apoio ás salas de cinema galegas

En concreto, segundo informou a Xunta, o obxectivo é contribuír desde a Consellería de Cultura, Educación e Universidade a "minimizar os efectos da pandemia sanitaria" nestes espazos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/09/2020 | Actualizada ás 18:53

Comparte esta noticia

O director da Axencia Galega dás Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, reuniuse con representantes das salas de exhibición de cinema galegas para confirmarlles a posta en marcha dun programa de apoio a estas infraestruturas, dotado con 120.000 euros.

En concreto, segundo informou a Xunta, o obxectivo é contribuír desde a Consellería de Cultura, Educación e Universidade a "minimizar os efectos da pandemia sanitaria" nestes espazos de exhibición, que se están vendo afectados "tanto na afluencia de público como na estrea e circulación de películas".

Á reunión asistiron representantes dos cinemas Avenida (Caldas de Reis), Códex (Lugo), Dúplex (Ferrol), Os Cantóns (A Coruña), Minicines Central (A Estrada), Númax (Santiago de Compostela) e Salesianos (Vigo).

Reunión entre o director da Agadic e o sector das salas de cinema.. COPYRIGHT: XOAN CRESPO / XOÁN CRESPO / Europa Press
Reunión entre o director da Agadic e o sector das salas de cinema.. COPYRIGHT: XOAN CRESPO / XOÁN CRESPO / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta