Denunciado un ciclista que circulaba pola AP-9 en Fene sen casco e drogado

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/05/2025 | Actualizada ás 09:43

Comparte esta noticia

O Subsector de Tráfico da Garda Civil da Coruña denunciou a un ciclista que foi sorprendido circulando pola autoestrada AP-9 á altura de Fene e que deu positivo no test de drogas. Segundo informaron fontes da Comandancia, a Central Operativa do Subsector de Tráfico (COTA) recibiu varias chamadas de condutores que alertaban da presenza dun ciclista circulando pola autoestrada, pondo en risco a súa seguridade e a do resto de usuarios da vía.

Á zona desprazouse unha patrulla do destacamento de Tráfico de Ferrol e localizou ao ciclista, ao que intercepteron e realizaron as probas de detección de estupefacientes, para as que deu positivo.

Por iso, tramitáronse as correspondentes denuncias por infracción da lei de seguridade, ao circular por unha vía prohibida para estes vehículos e por non levar o casco. Ademais, pendente da confirmación do resultado do test de drogas por parte do laboratorio, o ciclista enfróntase tamén a unha sanción de 1.000 euros por infracción moi grave.

Interceptan a un ciclista que circulou pola AP-9 e pola A-55 en sentido Portugal.. GARDA CIVIL
Interceptan a un ciclista que circulou pola AP-9 e pola A-55 en sentido Portugal.. GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta