Temas: XUNTA DIETAS

O sistema sanitario galego contará coa especialidade sanitaria en Dietética

Será creada para o seu persoal técnico especialista con vinculación temporal.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/10/2020 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

O Consello da Xunta aprobou este xoves o decreto polo que se crea a especialidade en dietética dentro da categoría estatutaria de técnico especialista do Servizo Galego de Saúde.

Con este decreto, indicou a Xunta, consolídase " e impulsa" a incorporación de persoal técnico especialista nas unidades encargadas do deseño e control das dietas e dos alimentos fornecidos aos pacientes, co fin de garantir a súa calidade e a súa adaptación aos distintos procesos patolóxicos.

Con este documento dáse "pleno recoñecemento" a este colectivo de profesionais da área sanitaria, regulando o seu réxime xurídico. En concreto, trátase de traballadores formados para estas funcións, que acreditan o título de Técnico Superior en Dietética.

Actualmente, o persoal con esta titulación está a traballar con vínculos temporais, polo que o decreto permitirá a súa incorporación, tras a superación das correspondentes probas de selección, como persoal estatutario estable con vínculo de fijeza.

Laboratorio do Grao en Nutrición Humana e Dietética da Universidade de Santiago de Compostela
Laboratorio do Grao en Nutrición Humana e Dietética da Universidade de Santiago de Compostela | Fonte: USC.

Temas: XUNTA DIETAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta