O Concello de Santiago, obrigado a incrementar un 28% a partida para EPIs no contrato de axuda a domicilio

Comisións censura a "ridícula" a contía de 5.500 euros que recollían os pregos contra os que fallou o Tribunal de Contratación Pública.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 02/10/2020 | Actualizada ás 14:34

Comparte esta noticia

O Concello de Santiago deberá aumentar un 28 por cento a partida para material de protección contra o coronavirus (EPI) que recollía inicialmente o contrato de licitación do servizo de axuda a domicilio que foi suspendido polo Tribunal de Contratación Pública tras un recurso presentado por Comisións Obreiras e que foi estimado parcialmente.

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo | Fonte: Concello.

Este venres o goberno local, a través do seu rexedor, Xosé Sánchez Bugallo, confirmou que non presentará recurso ante a Sala do Contencioso-Administrativo do TSXG, polo que o departamento que dirixe a concelleira Milagros Castro terá que reformular os pregos aumentando a partida destinada á compra de material de protección, que no contrato suspendido era de 5.500 euros.

Tamén este venres, Comisións Obreiras ofreceu unha rolda de prensa na que sinalaron que "como mínimo", a contía dedicada ao material tería que ascender a 153.535 euros, segundo os cálculos "conservadores" elaborados polo sindicato e que foron avalados polo órgano de control dos contratos públicos.

En palabras do responsable de servizos de CC.OO. Galicia, Ricardo Santos, o apartado de material de protección (máscaras, pantallas, luvas, xeles, etc.) só representaba "o 0,1%" do orzamento total do contrato, que ascende a case 3 millóns de euros.

Como exemplo do "ridículo" de gastar 5.400 euros ao ano para dotar de material a 127 traballadores, Santos sinalou que "é case" o que gasta "cada dous meses" una das dúas empresas que prestan o servizo na actualidade en Santiago.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta