As entidades socias galegas recibirán máis de 17 millóns coa nova distribución de fondos do 0,7% do IRPF

A Xunta cualifica de "rectificación" o novo reparto de fondos do 0,7% do IRPF por parte do Goberno centra.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/10/2020 | Actualizada ás 17:38

Comparte esta noticia

A conselleira de Política Social, Fabiola García, agradeceu este venres ao Goberno central a "rectificación realizada" na distribución dos fondos con cargo á casa social do 0,7% do IRPF, o que suporá que as entidades sociais galegas reciban 17,1 millóns de euros.

Así o dixo a conselleira en declaracións aos medios antes de participar na reunión do Consello Territorial de Servizos Sociais e Dependendia, no que se tratou este tema.

A conselleira lembrou que o Goberno central aumentou a asignación destinada a Galicia, ao pasar dun incremento do 0,9%, o correspondente á actualización segundo o Índice de Prezos ao Consumidor (IPC), a un incremento do 22%, unha "rectificación realizada despois de atender as alegacións presentadas pola Xunta e as entidades sociais da Comunidade".

Isto traducirase en 3,2 millóns máis de fondos con respecto ao asignado o ano pasado. Fabiola García apuntou que esta cantidade irá destinada "integramente ás entidades sociais polo seu bo facer os 365 días do ano a pé de rúa atendendo ás persoas que máis o necesitan".

Por outra banda, nesta reunión do Consello Territorial de Servizos Sociais e Dependencia, o Goberno central presentou ás Comunidades Autónomas un plan de choque para a atención á dependencia, unha proposta que, dixo a conselleira, coincide coas reivindicacións da Xunta, aínda que reclamou os fondos necesarios para levala adiante.

Fabiola García reivindicou que estas medidas deben traducirse en máis financiamento por parte do Goberno central para soster este sistema. Neste punto, lembrou que Galicia achega tres de cada catro euros destinados a dependencia, mentres o Goberno central non asume o 50% que lle correspondería.

Fotos Xunta /Política Social / Pleno Do Consello Territorial.. Xunta de Galicia / Europa Press
Fotos Xunta /Política Social / Pleno Do Consello Territorial.. Xunta de Galicia / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta