Baixa o novo d'Os Rastreros

"O Xogo D€mocrático" será o novo traballo despois de moitos anos da banda punk de Chantada Os Rastreros. Parte da explosión do rock en galego da década dos 90, son coñecidos por temas como "Tratorada" ou "O sacristán de Basán".

Por Galicia Confidencial | Chantada | 20/04/2013 | Actualizada ás 10:33

Comparte esta noticia

O primeiro tema do novo disco chámase «No meu país». A cara B do single está a caer, nun mes máis ou menos.  As cancións e os videos foron gravados nun intenso en Oceano Estudios, en Gondomar (Pontevedra) e en localizacións das terras bravas de Chantada (Lugo).

Na súa web, Os Rastreros teñen material promocional para descargar, incluído o mp3 desta canción.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta