A Xunta, tras votar en contra dos confinamentos, defende que o fixo en Ourense sen chegar ao "límite" de Madrid

O PSdeG valora que a Xunta tome medidas e afea que "hai unha semana votase en contra" no Consello Interterritorial de Saúde.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/10/2020 | Actualizada ás 21:05

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, puxo en valor as medidas adoptadas en Ourense para frear os contaxios da covid-19 aínda que non se alcancen os criterios que marca o Misterio de Sanidade.

Despois de que o deputado socialista Julio Torrado afeáralle este mércores no Parlamento de Galicia que o Goberno galego se opuxo ás medidas sanitarias de Madrid, o titular de Sanidade asegurou que Galicia "non ten nada en contra de que o ministerio tome as medidas que considere en Madrid".

"O que lle pedimos é que as pacte e que non as teñamos que impor as demais autonomías", manifestou Comesaña, que puxo como exemplo da actitude preventiva da Xunta para facer fronte á pandemia o feito de que en Ourense se adoptasen antes sen que se alcancen os 500 casos por 100.000 habitantes, o 35% de ocupación da UCI e un 10% de PCR positivas. "Cos criterios do ministerio non teriamos que facer nada", indicou.

Neste sentido, subliñou que "está demostrado" que cando as medidas se toman con criterios técnicos "funcionan" e sinalou que, precisamente, as medidas que a Xunta aplica co aval do comité clínico funcionan e dan resultado fronte aos brotes.

Pola súa banda, o portavoz de Sanidade do PSdeG aplaudiu que "hoxe" o Goberno galego tomase medidas fronte á pandemia pero criticou que "hai unha semana as rexeitara no Consello Interterritorial de Saúde baballoando contra ao Ministerio de Sanidade". "Entre a saúde e Ayuso, entre Galicia e Ayuso, entre a colaboración leal e Ayuso, elixiron a Ayuso", lamentou.

Veciños de Ourense camiñan por unha das rúas do barrio do Couto o mesmo día no que prohibiron as reunións entre non convivientes
Veciños de Ourense camiñan por unha das rúas do barrio do Couto o mesmo día no que prohibiron as reunións entre non convivientes | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta