Rajoy cualifica de "disparate" cuestionar a figura da monarquía

Critica que "haxa xente pretendendo revisar todo o que ocorreu en España".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/10/2020 | Actualizada ás 14:50

Comparte esta noticia

O expresidente do Goberno, Mariano Rajoy, cualificou de "letal" que se cuestione a figura do xefe do Estado e a Constitución en plena crise sanitaria e económica derivada da pandemia do coronavirus.

"Que haxa xente pretendendo revisar todo o que ocorreu en España no pasado e que haxa xente que estea a pór en cuestión a Constitución española, que nos deu os mellores anos de progreso da nosa historia é un disparate", manifestou.

Na súa intervención no foro 'Diálogos sobre o futuro' organizado pola fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA) en Santiago de Compostela, Rajoy asegurou que esta actitude supón "unha auténtica máquina de xerar desconfianza". E a desconfianza, na súa opinión, é "o peor" para a economía, o consumo e o investimento. Por iso, reivindicou a "estabilidade política" como "un dos factores que xera máis confianza".

O expresidente do Goberno, Mariano Rajoy (i); e o politólogo, columnista e ex vicepresidente da Xunta, Xosé Luís Barreiro Rivas, durante o debate 'Diálogo sobre o futuro' organizado pola Fundación Empresa Universidade Galega (FEUGA), en Santiag. Álvaro Ballesteros - Europa Press
O expresidente do Goberno, Mariano Rajoy (i); e o politólogo, columnista e ex vicepresidente da Xunta, Xosé Luís Barreiro Rivas, durante o debate 'Diálogo sobre o futuro' organizado pola Fundación Empresa Universidade Galega (FEUGA), en Santiag. Álvaro Ballesteros - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

1 nostrus

La república es un contrato de cuatro años y la monarquía es un contrato indefinido hasta que el pueblo quiera, por lo tanto ambas jefaturas de estado pueden ser democráticas o no, ya que si hubo monarquias absolutistas, tambien hubo repúblicas bananeras. La Italia de Mussolini era una monarquia y la Alemania de Hittler una república. La principal diferencia es que la monarquia consigue mayor consenso porque no viene patrocinada por ningún partido político y le es mas fácil ser neutral porque no le debe favor a ningún partido. Por otro lado la monarquia pertenece a nuestra tradición, algo que deberían tener en cuenta las opciones políticas fanatizadas con el pasado, la cultura y tradiciones.

1 nostrus

Por outra banda a monarquía podemos quitala cando queiramos, abonda con que haxa un consenso suficiente e sin necesidade de enfadarnos, co que queda en papel mollado a idea cansina de que o rei non se pode quitar. De non ser asi...¿que sentido tería ser republicano?. A monarquía foi posta polo pobo no 78 mediante referendum, xunto con outras cousas que non existían, como as autonomías ou a oficialidade do galego e outras linguas.

2 Sentidiño

Respostar a isto é dar pérolas aos porcos. Non se pode ser máis ignorante.

3 nostrus tumbanaciotas

Sentidiño. Yo creo que lo que a ti te pasa es que ante la ausencia de argumentos, debido a tus limitaciones intelectuales y con la excusa de considerarte superior, me llamas ignorante. Revisa tu sabiduria y tus modales, que falta te hace.