La Voz, o xornal máis castigado

O diario coruñés perde 38.000 lectores diarios, segundo o EGM. A prensa tradicional cae 68.000 lectores, dos cales 51.000 son de xornais galegos.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 25/04/2013 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Entre abril de 2012 e marzo de 2013, os xornais en papel perderon en conxunto, en Galicia, 68.000 lectores diarios en comparación co mesmo período anterior. Desta perda total de audiencia, o 75% —é dicir, 51.000 lectores— son de prensa galega, segundo o 1º Acumulado Móbil de 2103 publicado polo EGM (Estudio General de Medios), que recolle datos de vinte xornais en Galicia. 

Cabeceiras de prensa galega
Cabeceiras de prensa galega | Fonte: kiosko.net

O xornal máis castigado, con moita diferenza, é La Voz, que perdeu 38.000 lectores diarios, pasando de 637.000 a 599.000. O dato é especialmente preocupante para o diario coruñés, xa que do total de lectores que perdeu o conxunto da prensa en Galicia, o 55,88% son de La Voz, e entre a prensa galega supón o 74,5%.

Faro de Vigo é o segundo xornal do país que máis audiencia perde, en concreto, 9.000 lectores diarios, quedando nos 269.000.

Porén, porcentualmente o xornal máis danado é o Diario de Arousa, que perde 6.000 lectores, pasando de 18.000 a 12.000 (-33,3%). El Progreso tamén sofre un duro golpe cunha caída de 8.000 lectores (-8,24%). Mentres que o Correo Gallego tamén perde 2.000 lectores.

A prensa local refórzase na área de influencia de La Voz

Os datos comparados das primeiras ondas do EGM de 2012 e 2013 evidencian unha tendencia á alza na información de proximidade. Fronte as caídas das grandes cabeceiras do país, boa parte dos xornais locais e comarcais mantéñense ou crecen en audiencia.

Especialmente significativos son os datos referidos á cidade da Coruña, onde os competidores directos de La Voz crecen en audiencia.

A suba máis importante en número e porcentaxe é a de El Ideal Gallego, que suma 5.000 lectores máis nos últimos doce meses (+29,4%) até alcanzar os 22.000. Deste xeito, o xornal afiánzase como alternativa na área da Coruña.

Tamén experiementa un pequeno aumento La Opinión, que pasa de 47.000 a 48.000 lectores.

Deste xeito, na capital da Coruña e na súa área de influencia xa son 70.000 os lectores que optan por informarse polos dous xornais locais que manteñen un pulso con La Voz.

Importante tamén é a suba do Diario de Ferrol, que pasa dos 27.000 aos 31.000 lectores (+14,8%). O crecemento é moi significativo para un xornal que pasa polo momento máis difícil da súa historia, afectado por un proceso de desmantelamento

No sur, Diario de Pontevedra aumenta de 46.000 a 48.000 lectores. E na área de Vigo, Atlántico Diario mantense nos 17.000 lectores e aguanta, fronte a caída de lectores de Faro. En Ourense, La Región sube de 82.000 a 83.000 lectores.

Caídas da prensa estatal en Galicia

As cabeceiras do resto do Estado tamén perden aopio en Galicia. En total, a caída é de 18.000 lectores. 

O xornal máis castigado é El País, que vén de desmantelar a súa delegación en Galicia logo de botar á rúa a oito das doce persoas que traballaban para a edición galega do diario do Grupo Prisa. El País pasou nestes últimos doce meses de 142.000 a 132.000 lectores en Galicia, segundo os datos comparados das primeiras ondas anuais do EGM de 2012 e 2013.

Tamén perden lectores o ABC, que de 21.000 pasa a 17.000, e o diario económico Expansión, que pasa de 13.000 a 11.000.

Pola contra, crecen El Mundo, que gañou 4.000 lectores e pasa a ter un total de 74.000, e La Razón, con 2.000 máis, aínda que se mantén como xornal residual no noso país, con tan só 6.000 lectores.

Entre os deportivos, só o diario As sofre un importante pao cunha caída de 10.000 lectores, quedando agora en 82.000. E sae reforzado El Mundo Deportivo, que pasa de 13.000 a 17.000 lectores. Pola súa banda, Marca só baixa de 259.000 a 257.000 e Sport mantense nos 46.000.

Incremento de audiencia en miles respecto o mesmo acumulado do ano anterior
 Posto

Xornal

Abril 2011

Marzo 2012

 

Abril 2012

Marzo 2013

 

Variación
1 La Voz de Galicia 637  599 -38
2 Faro de Vigo 278  269 -9
3 Marca 259  257  -2
4 El País  142  132  -10
5 El Progreso 97  89  -8
6 La Región  82  83  +1
7 As 92 82 -10
8 El Correo Gallego 80 78 -2
9 El Mundo 70 74 +4
10 Diario de Pontevedra 46 48 +2
11 La Opinión da Coruña 47 48 +1
12 Sport 46 46 0
13 Diario de Ferrol 2 7 3 1 4 27 31 +4
14 El Ideal Gallego 17 22 +5
15 ABC 21 17 -4
16 Atlántico Diario 17 17 0
17 El Mundo Deportivo 13 17 +4
18 Diario de Arousa 18 12 -6
19 Expansión (7/6) 13 11 -2
20 La Razón 4 6 +2

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

2 Manoliño

Estes resentidos... :) ¿E de V televisión, medio da progresía patria, sábese algo sobre se subiu ou baixou en audiencia?

1 furabolos

Méio da que?... Para ti todo o que nom seja Intereconomia é progressista?

2 Xurxo Lastres

A V da TV non sae nin nas enquisas.

3 Verme

Si o dís por Fernanda Tabares é unha recomendada de Feijóo que lle fai o caldo gordo como Manoliño á dereita española, ese chiringuito da oligarquía madrileña

4 Verme

Si o dís por Fernanda Tabares é unha recomendada de Feijóo que lle fai o caldo gordo como Manoliño á dereita española, ese chiringuito da oligarquía madrileña

1 morasleira

¿Ninguen se para a pensar que os cartiños do xornal fan falla para outra cousas?