Os protocolos contra o acoso escolar "son papel mollado" se non hai recursos, avisan os educadores sociais

Demandan datos "de calidade" para coñecer con maior precisión a situación nas aulas e así avanzar en actuacións preventivas "máis precisas e eficaces" para facer fronte ao acoso escolar, que cren necesario abordar "desde a intervención socioeducativa".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/10/2020 | Actualizada ás 18:48

Comparte esta noticia

O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg) demandou ás administracións compromisos para erradicar o acoso escolar que, ademais do cumprimento dos protocolos, debe abordarse con fondos e recursos a través de profesionais con cualificación.

Nun comunicado, o colexio mostra a súa preocupación polos suicidios de menores rexistrados nas últimas semanas a consencuencia da "intolerancia e os malos tratos que esta sociedade perpetúa contra quen expresa o seu desexo sexual ou a súa identidade de xénero de forma diversa e diferente aos modelos de masculinidad e feminidade tradicionais".

Así, reclaman o cumprimento da Estratexia Galega de Convivencia Escolar para o lustro 2015-2020, que marca a erradicación das condutas de acosos a través de mecanismos de prevención que deben ir acompañados de recursos e mecanismos para a súa posta en marcha.

"As leis, os observatorios e os protocolos precisan de profesionais con cualificación para a súa efectividade, quedan en papel mollado se non se destinan recursos públicos para a súa aplicación práctica de forma constante e sistemática", sinala o colexio, que advirte que o profesorado "en moitas ocasións" non é capaz de asumir a responsabilidade que carrexan este tipo de medidas.

Ademais, demandan datos "de calidade" para coñecer con maior precisión a situación nas aulas e así avanzar en actuacións preventivas "máis precisas e eficaces" para facer fronte ao acoso escolar, que cren necesario abordar "desde a intervención socioeducativa".

"Algo está a fallar dentro do sistema educativo galego", sentencia o colexio, que pon o acento na necesidade de actuacións coordinadas entre os docentes e os profesionais da educación social, algo que, cren, debe darse coa inclusión destes nos centros eduactivos como xa ocorre en Estremadura, Castela A Mancha, Baleares, Canarias, Andalucía ou Cataluña.

Nenos, alumnos, escolares, educación, escola, centro escolar.. XUNTA DE GALICIA - Arquivo
Nenos, alumnos, escolares, educación, escola, centro escolar.. XUNTA DE GALICIA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta