Temas: SINDICATO CIG UGT

O líder de UGT en Galicia: "A CIG está á altura da ultradereita no noso país"

José Antonio Gómez carga contra a central nacionalista, "un sindicato que está sempre á contra", mentres defende o diálogo social coa Xunta.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 15/10/2020 | Actualizada ás 16:22

Comparte esta noticia

O secretario xeral de UGT Galicia, José Antonio Gómez, cargou este xoves contra outro dos principais sindicatos no país, a Confederación Intersindical Galega. "A CIG está á altura da ultradereita no noso país, está á altura da dereita máis carca", asegurou.

José Antonio Gómez
José Antonio Gómez | Fonte: UGT.

Esta afirmación provocou o aplauso das decenas de sindicalistas de UGT que se deron cita na clausura do 5º Congreso da Federación de Industria, Construción e Agro de Galicia UXT-FICA, que tivo lugar nun hotel no municipio de Teo (A Coruña).

Na súa intervención, Gómez arremeteu contra a CIG, "un sindicato que está sempre á contra, que máis que defender aos traballadores está a debilitalos", que "defende os marcos". "Compórtanse como un sindicato corporativo nacionalista, como é o que son", reprochou.

"Sabedes dalgunha medida, algunha proposta que fixese o sindicato nacionalista durante esta pandemia, máis aló de criticar o que fixeron os outros? Eu non sei ningunha", incidiu nas súas críticas á CIG.

Por iso, o líder de UGT en Galicia chamou a "dicir nos postos de traballo" que é "o que fixo" a CIG "para axudar aos traballadores" nesta pandemia.

DIÁLOGO SOCIAL COA XUNTA

En cambio, Gómez agradeceu a presenza neste acto do vicepresidente segundo da Xunta e conselleiro de Economía, Francisco Conde, á vez que puxo en valor que a aposta de UGT polo diálogo social "continúa aí".

Remarcou que o acordo de setembro con Xunta e empresarios para o reforzo do diálogo social supón un "bo punto de partida", aínda que cre que fai falla traballar por fortalecer a industria, as políticas activas de emprego e os servizos públicos.

Xunto a isto, tamén se referiu á situación que atravesa Alcoa San Cibrao e pediu "non trasladar a mensaxe de que se vai resolver todo cun recurso xudicial".

Sobre este extremo, valora a "unidade do Goberno de España e a Xunta", pero avisa de que, se se produce o rescate de empresas con diñeiro de "todos", debe participación pública destas compañías. Aquí, Gómez tamén aplaudiu que a ministra de Transición Ecolóxica se puxese "arreo" a traballar sobre Alcoa, aínda que se queixou de que "tardou".

Temas: SINDICATO CIG UGT
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 Gamela

1º de Maio de 2017 = A falta de UNIDADE pode converternos a todas en EXCLUÍDAS e lamantablemente xa estamos a piques de conseguilo grazas a tódolos Sindicatos e demáis Partidos que din defender aos traballadores (pero non se mira nada)... https://youtu.be/VYCc-9C7uq0

1 Fidel

Agora ti tamén daslle ó ridículo feminino xenérico? Ou é que só as mulleres están en risco de exclusión?

3 Unión general trapalleira

Ten máis afiliados a CIG na provincia de Pontevedra que UGT en toda Galiza e Asturias xuntas. Despois de 50 anos vendendo os traballadores é normal que desaparezan. E mellor non falar das prexubilacións cando destruíron Astano en connivencia co PSOE no que mandaba o señor X.

2 ojete

meus pobres, tiveron que despedir a plantilla para poder manter os salarios de alta direccion de xente como este señor....e claro agora non lles chega nen coa axuda do pp e a patronal para ter afiliación....camiño da desaparición....ao fin ficaran para o que se dedicaron nos ultimos lustros ser asesorias da patronal ao igual que comisions e zipaiada estatalista varia!

1 mirko

ostia!