Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/10/2020 | Actualizada ás 13:45
Os transportistas de carbón da central térmica de Endesa nas Pontes de García Rodríguez (A Coruña) bloquean desde as 8,00 horas do acceso ao complexo enerxético, para evitar que dúas bombas de recirculación poidan ser retiradas das instalacións.
O portavoz dos transportistas, Cholo Bouza, asegurou, en declaracións a Europa Press, que este colectivo "permanecerá na zona o tempo que faga falla" ante a imposibilidade de alcanzar un acordo tras varias reunións. "Levamos ano e medio sen traballar, recibindo mentiras de Endesa, da Xunta, do Goberno central e xa non aguantamos máis", incidindo en que teñen previsto endurecer as medidas de protesta.
Pola súa banda, desde Endesa apuntouse que a operación de carga e traslado destas bombas non significa o inicio do desmantelamento das instalacións, xa que ditas bombas estaban destinadas aos grupos 3 e 4, obra que se parou ao solicitar o peche da instalación.
A compañía incide que a intención é trasladar estes equipos a outra central que se os necesitan, e que a térmica das Pontes pode operar sen estas bombas, que tampouco se usan nas probas con biocombustibles en curso, que se realizan nos grupos 1 e 2 e que se contan con desulfuradora.
Tamén apuntan que os grupos 3 e 4, no caso de ser requiridos para xerar enerxía, están autorizados para operar sen desulfuradora e por último apuntan que Endesa ten vontade de buscar todas as solucións viables para cancelar a solicitude de peche deste complexo, e que boa mostra diso é o estar a realizar probas con biocombustibles.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.