Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 23/10/2020 | Actualizada ás 17:58
Os contaxios detectados en centros, institutos e gardarías de Galicia experimentaron unha nova repunta. O balance facilitado polas autoridades sanitarias reflicte xa 685 positivos confirmados con COVID-19 nestas instalacións entre alumnos e docentes, medio cento de casos máis que o xoves.
Ourense e Vigo mantéñense como as áreas de maior incidencia do coronavirus no sistema educativo, con 157 e 139 casos detectados nas escolas entre o alumnado e practicamente a metade de toda Galicia.
A área do concello das Burgas mantén ademais un centro e cinco aulas pechadas. En concreto, o punto de atención á infancia, situado en Boborás e que acumula xa seis positivos.
Os gromos máis graves danse no IES O Couto e no CPR Plurilingüe Sagrado Corazón, de Ourense e O Carballiño, respectivamente, con polo menos nove contaxios nas súas instalacións, ademais do CPR Plurilingüe Luís Vives, con oito positivos.
A área de Vigo, con 139 e sete aulas pechadas, mantense como a segunda de maior incidencia. Tamén aumentan os casos na área da Coruña, que pasa de 105 a 113 positivos con tres aulas pechadas, e en Santiago, que se incrementan de 104 a 112.
Pola súa banda, Pontevedra rexistra 68 positivos e dúas aulas pechadas, Lugo 51 e cinco unidades afectadas e Ferrol 45 casos.
NOVOS CENTROS
Tamén se detectaron novos centros con casos de coronavirus que se suman ao balance da Xunta, como o E.I. Municipal Vimianciños de Vimianzo ou o CEIP Emilia Pardo Bazán, CPR Plurilingüe Fogar de Santa Margarida, e o CPR Plurilingüe Salesiano San Juan Bosco da Coruña; o CEIP Plurilingüe San Marcos de Abegondo, IES Alfredo Brañas de Carballo, CEIP de Tabeaio de Carral, IES Fernando Blanco e CPR Plurilingüe Manuela Rial Mouzo de Cee.
O resto de casos déronse no IES Punta Candieira (tres positivos) de Cedeira, os ferroláns CPR Plurilingüe Cristo Rey, CPR Plurilingüe San Rosendo, IES Canido; e o CEIP de Maciñeira e IES Fernando Esquío, de Narón.
Pechan a táboa o IES Plurilingüe A Cachada de Boiro, o CPR Plurilingüe Nuestra Señora de los Remedios de Santiago, IES de Cacheiras de Teo, E.I Quicos de Lugo, CIFP As Mercedes, CEP Luís Tobío de Viveiro; E.I Xinzo CPR Ramón María del Valle-Inclán, CPR San Marcos de Ourense, CEIP A Xunqueira Nº 2 de Pontevedra, IES Illa de San Simón de Redondela, CPR Plurilingüe Compañía de María e CPR Plurilingüe El Pilar de Vigo, ambos con dous casos .
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.