Publican a resolución que regula os permisos de saída do centro para o alumnado maior de 16

Esta medida foi decidida na reunión do comité educativo do pasado 25 de setembro, e en todo caso está suxeita a diversos pasos e autorizacións previas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/10/2020 | Actualizada ás 19:43

Comparte esta noticia

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publicou a resolución que regulará os permisos para que os centros poidan autorizar a saída de parte do alumnado maior de 16 anos do recinto escolar, co fin de evitar aglomeracións durante os recreos e os descansos.

O obxectivo, segundo indica as instrucións, é favorecer a actividade en espazos abertos e exteriores para poder cumprir as medidas de seguridade ante a COVID-19 de modo adecuado, do mesmo xeito que outorgar unha maior responsabilidade aos estudantes adolescentes para extremar o coidado e a seguridade.

Esta medida foi decidida na reunión do comité educativo do pasado 25 de setembro, e en todo caso está suxeita a diversos pasos e autorizacións previas.

En primeiro lugar, o permiso estará limitado a ensinos non obrigatorios e sempre suxeito a autorización previa dos proxenitores ou titores legais.

Así mesmo, os mozos deberán comprometerse a manter a medida de seguridade previstas nos protocolos e recomendacións sanitarias, ademais de retornar á actividade lectiva "en tempo e ordenadamente", evitando situacións de aglomeración.

O centro terá que formalizar unha solicitude expresa do permiso, desde a propia dirección, á xefatura territorial correspondente, tras a aprobación da proposta por parte do consello escolar.

Alumnos  XUNTA - Arquivo
Alumnos XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta