Tres novos falecementos en Galicia eleva a 859 os mortos por COVID-19

Así as cousas, a cifra total de falecidos desde o comezo da 'nova normalidade' ascende a 240 en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/10/2020 | Actualizada ás 20:18

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade notificou este venres tres falecidos vinculados coa pandemia de covid-19 en Galicia, co que xa son 859 as vítimas mortais rexistradas na comunidade.

En concreto, os falecidos son un home de 79 anos que se atopaba ingresado no Hospital Clínico de Santiago, unha muller de 71 do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña e unha muller de 91 anos usuaria da residencia Os Gozos, de Pereiro de Aguiar.

Así as cousas, a cifra total de falecidos desde o comezo da 'nova normalidade' ascende a 240 en Galicia. A primeira morte deste período foi a dunha muller o 7 de agosto. Antes diso, a Comunidade galega encadeara case dous meses --desde o 10 de xuño-- sen decesos relacionados co coronavirus.

Un profesional sanitario prepara a padiola para baixar da ambulancia a un paciente con Covid-19 que foi trasladado desde o Hospital do Incio ao Hospital de Lugo, Galicia (España), a 3 de setembro de 2020. O centro do Incio rexistrou xa. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo

¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta