GC Aberto

Da Praza do Obradoiro ó barrio de Conxo

Por admin | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/10/2020

Comparte esta noticia

Santiago de Compostela, Patrimonio da Humanidade, coa súa Praza do Obradoiro e a súa

Hospital psiquiátrico de Conxo, en Compostela
Hospital psiquiátrico de Conxo, en Compostela

catedral, culminación da peregrinación do Camiño de Santiago. Unha cidade histórica,

cunha riqueza cultural e arquitectónica sen igual.

Santiago de Compostela é o seu centro histórico, o seu encanto, a súa pedra húmida que recibe ao turista, ao peregrino; pero tamén son os seus barrios, nos que vivimos compostelás

e composteláns e fillos adoptivos desta gran cidade.

Barrios como o de Conxo, no que centos de familias aspiramos a ser escoitados

para cambiar a nosa realidade. Os nosos fillos e fillas asisten ao CEIP Cardeal Quiroga Palacios. Nestas circunstancias excepcionais que nos tocou vivir, pais e nais recollemos aos

alumnos máis pequenos que asisten ao comedor, nenos e nenas de 3,4 e 5 anos, no

Polideportivo Municipal Quiroga Palacios. Polideportivo que se sitúa enfronte de casas abandonadas repletas de entullos, cravos, madeiras, azulexos rotos,... casas nas que as ratas campan ás súas anchas. Cans abandonados que  excretan nas beirarrúas e cuxas  defecaciones temos que sortear ao ir recoller aos máis pequenos da casa.

Unha contorna insalubre para os nosos fillos e fillas. Pero tamén unha contorna insegura. Cando avanzamos pola rúa Monte de Conxo para dirixirnos ao CEIP Quiroga Palacios atopámonos con que non hai beirarrúa. Unha rúa estreita, e aínda así de dobre sentido, pola que agora debemos convivir persoas e vehículos, poñendo en perigo a vida de nenos e maiores

.

Somos familias que queremos un Santiago coidado, limpo e seguro no que os nenos

e nenas poidan ver cumpridos os seus dereitos. Somos familias que alzamos a voz co único obxectivo de ofrecer aos nosos fillos e fillas unha cidade na que poidan xogar, saltar e camiñar sen poñer en risco a súa saúde e a súa seguridade.

Queremos un Santiago seguro e san no que a infancia poida desenvolverse con dignidade.

IRENE MARÍN BARCA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta