Os Orzamentos de 2021 sometaranse á súa primeira votación no Congreso o 19 ou o 26 de novembro

Por E.P. | MADRID | 26/10/2020 | Actualizada ás 13:45

Comparte esta noticia

O Goberno de coalición aprobará este martes o seu proxecto de Orzamentos Xerais do Estado para 2021 e unha vez remitidos ao Parlamento calcúlase que a súa primeira votación no Pleno do Congreso será a semana do 19 ou do 26 de novembro, algo menos dun mes despois da súa cualificación pola Mesa do Congreso.

As previsións da Cámara pasan por recibir esta semana á ministra de Facenda, María Jesús Montero, que faría entrega do proxecto de lei de Orzamentos á presidenta do Congreso, Meritxel Batet, e a presidenta da Comisión de Orzamentos, Pilar Garrido.

Tras recibir os Orzamentos, a Mesa do Congreso celebrará unha reunión para cualificar o proxecto, que logo será publicado no Boletín Oficial das Cortes Xerais. Ademais, o órgano de goberno do Congreso aprobará un calendario de tramitación, abrindo un prazo para solicitar as comparecencias dos altos cargos do Goberno e organismos públicos co fin de que expliqen as contas dos distintos departamentos.

Tras a rolda de comparecencias, os grupos deberán decidir se presentan ou non emendas de totalidade pedindo a devoluciuón do proxecto ao Goberno. Segundo informaron a Europa Press fontes parlamentarias, o prazo para a presentación destas emendas de devolución finalizaría o venres 13 ou o 20 de novembro, e á semana seguinte sería o seu debate e votación.

A ministra da Facenda, María Jesús Montero.. Pool
A ministra da Facenda, María Jesús Montero.. Pool

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta