O Concello da Coruña levantará unha duna artificial en Riazor como protección ante temporais

A duna terá unha altura de 2,5 metros de altura o que permitirá á cidadanía seguir contemplando o mar, segundo explicou

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 26/10/2020 | Actualizada ás 17:44

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña iniciou os traballos para levantar a duna que se coloca cada ano no areal de Riazor como barreira de protección dese tramo do paseo marítimo.

Instalación da duna na praia de Riazor
Instalación da duna na praia de Riazor | Fonte: EP

Así o explicou a concelleira da Coruña de Medio Ambiente, Esther  Fontán, que sinalou que a duna busca "protexer o paseo marítimo e os viais". "Facilitar o freado do ímpeto do mar", resumiu.

A duna terá unha altura de 2,5 metros de altura o que permitirá á cidadanía seguir contemplando o mar, segundo explicou. Ademais, sinalou que desde a liña do paseo ata a duna haberá unha separación de doce metros e medio.

Por outra banda, preguntada pola desinfección das rúas, sinalou que se está xa realizando, aínda que apostilou que se analizará facer unha desinfección nas zonas máis transitadas como zonas próximas a colexios ou mercados ante a incidencia do  Covid na cidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta