Astérix e Obélix reviven máis de 50 anos despois falando en galego

Xerais saca unha interesante reedición de 'O Menhir de Ouro' en forma de audiolibro.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 27/10/2020 | Actualizada ás 22:15

Comparte esta noticia

Os actores Xerardo Couto, Tacho González e Antón Rubal porán voz a Astérix, Obélix e Aseguracenturix, algúns dos principais habitantes da aldea gala máis famosa do mundo. Será nunha nova versión da editorial Xerais en formato libro-disco de 'O Menhir de Ouro', publicado en 1967.

O menhir de ouro, obra sobre Astérix e Obélix editada por Xerais
O menhir de ouro, obra sobre Astérix e Obélix editada por Xerais

"E case imposible de atopar dende aquela, permanecía inxustamente ignorado", apuntan desde Xerais. "Agora grazas a unha posta ao día e unha calibración das cores fiel ao acabado orixinal, deuselle a O Menhir de Ouro un baño remocicador capaz de atraer tanto a fans de sempre como a novas xeracións", indican.

Esta obra conta ademais cunha gravación de audio de gran calidade para con voces destacas, música orixinal e efectos sonoros feitos á medida. Así, entre o elenco de autores, ademais de Xerardo Couto, Tacho González e Antón Rubal, están Montse Davila que exerce de presentadora e Gonzalo Faílde, dando voz a personaxes secundarias. 

O Menhir de Ouro está dispoñible en papel nas principais librarías galegas. O libro inclúe un código QR que leva á páxina na que se pode mercar o audiolibro por 0.99 € en ebook e ePub

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta