Xa son 32 os usuarios da residencia Os Gozos mortos pola covid

Este martes houbo dous falecidos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/10/2020 | Actualizada ás 21:40

Comparte esta noticia

As autoridades sanitarias galegas comunicaron este martes o falecemento de dous homes diagnosticados con covid-19. Estas dúas mortes elevan a 882 as vítimas en Galicia desde que se iniciou a pandemia.

Os falecidos son un home de 87 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario de Pontevedra e outro home de 77 anos ingresado en Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) e que procedía da residencia Os Gozos, de Pereiro de Aguiar.

Un total de 32 usuarios deste centro xeriátrico, intervido pola Xunta, faleceron con covid-19 --13 na propia residencia e 19 no hospital--. Os dous homes que perderon a vida este martes tiñan patoloxías previas. Sanidade comunica o seu falecemento un día despois de notificar 12 mortes de positivos con covid-19 na Comunidade, a cifra máis alta rexistrada nunha xornada na segunda onda da pandemia.

A primeira morte computada na Comunidade na denominada 'nova normalidade' foi a dunha muller o 7 de agosto. Antes diso, Galicia encadeara case dous meses --desde o 10 de xuño-- sen decesos relacionados co coronavirus.

Evolución do número de falecidos en Galicia.. EPDATA
Evolución do número de falecidos en Galicia.. EPDATA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta