A Xunta non descartar intervir máis residencias ante o aumento da mortalidade

Política Social sinala que é "imposible blindar ó 100%" estes centros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/10/2020 | Actualizada ás 12:50

Comparte esta noticia

A conselleira de Política Social, Fabiola García, considera "imposible" a seguridade total das residencias de maiores ante os brotes de coronavirus. "É un virus que, desgraciadamente, entra en todos lados; é imposible blindar ao 100%", explicou, alertando de que non descarta intervir máis centros nos próximos días.

En declaracións aos medios de comunicación na firma dun convenio con Cruz Vermella na Coruña, a responsable autonómica apuntou a que traballadores ou provedores "entran e saen" das residencias a diario e insistiu en que non existe "risco cero" ata que non exista unha vacina.

"Previmos o máximo posible", defendeu García, que destacou como medida para evitar a entrada do virus nos centros de maiores os cribados quincenais que se fan, dixo, "a todos os traballadores e residentes". No caso de que se detecte un brote nun destes xeriátricos existe un "protocolo moi claro" elaborado, sinalou, polo comité clínico que inclúe "todos os medios materiais humanos" para tratar ás persoas contaxiadas.

INTERVENCIÓN

Con respecto á intervención na residencia de Salvaterra de Miño, con máis dun centenar de casos, a conselleira de Política Social expuxo que desde o seu departamento están "vixiantes" no cumprimento de protocolos e en atender con medios "sanitarios" aos infectados.

É por iso que non rexeita que se sucedan intervencións similares nun futuro. "Non o descartamos para nada", aseverou, remarcando que son as "autoridades sanitarias" xunto coas da consellería as que marcan o inicio deste proceso cando hai un "elevado número" de positivos en coronavirus.

Unha sanitaria nunha xanela da residencia de anciáns do Incio, en Lugo.. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo
Unha sanitaria nunha xanela da residencia de anciáns do Incio, en Lugo.. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta