Galicia volve rexistra un aumento de falecidos, sete nun só día

Tres deles son da residencia Os Gozos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/10/2020 | Actualizada ás 20:53

Comparte esta noticia

As autoridades sanitarias galegas comunicaron este mércores o falecemento de sete persoas diagnosticadas con covid-19 na Comunidade, tres na residencia de Os Gozos de Pereiro de Aguiar (Ourense). Cos sete falecementos comunicados o total de vítimas mortais en Galicia sitúase en 889.

Así, Sanidade informou da morte dun home de 104 anos que estaba ingresado no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), dunha muller de 92 anos ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), e dous homes de 86 e 78 anos, que tamén estaban ingresados no Clínico compostelán.

Así mesmo, na residencia Os Gozos, de Pereiro de Aguiar, rexistrouse o falecemento de dúas usuarias de 97 e 98 anos, e dun home de 101. As autoridades sanitarias ratificaron que todos os falecidos presentaban patoloxías previas.

A primeira morte computada na Comunidade na denominada 'nova normalidade' foi a dunha muller o 7 de agosto. Antes diso, Galicia encadeara case dous meses --desde o 10 de xuño-- sen decesos relacionados co coronavirus.

Evolución do número de falecidos en Galicia con covid-19.. EPDATA
Evolución do número de falecidos en Galicia con covid-19.. EPDATA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 BtWt

101 anos de idade e patoloxías previas, esta é a superpandemia que nos venden.

1 Sentidiño

Antes de opinar, está ben documentarse. Consulta este MoMo, que non é nin o libro, nin o pub de Santiago: https://www.isciii.es/QueHacemos/Se...