Denuncian que o Sergas emprega a estudantes de enfermería para facer as probas covid sen ter que pagar

O estudantado rebélase contra Sanidade por prohibirlles estar en contacto con pacientes covid nos hospitais mentres ofrece postos para facer as probas.

Por Iago Codesido | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/10/2020 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Polémica no seo da Universidade polos cribados covid. O alumnado de Enfermaría, encargado de desenvolver as probas masivas levadas a cabo nas últimas semanas, vén de acusar á Consellería de Sanidade de telos traballando "sen compensación económica nin académica". O obxectivo, din, non é outro que tapar as "carencias" que o Sergas "vén de gañar a pulso", entre as que nomean a "eventualidade" e a "precariedade laboral".

Probas covid, cribado masivo na universidade desenvolto por estudantes de Enfermaría
Probas covid, cribado masivo na universidade desenvolto por estudantes de Enfermaría | Fonte: Twitter: @iamnotzaar

O enfado do estudantado vén motivado porque as xornadas de traballo, de 9 horas, foron xustificadas polos Sergas aludindo á "falta de persoal titulado", segundo destacan nunha publicación de Instagram. Porén, o estudantado non dá crédito á versión de Sergas e acúsaos de "decidir non contratar a enfermeiros titulados", "descargando a tarefa nos estudantes do último curso".

Por riba, a denuncia dos estudantes oriéntase a que os cribados foron desenvoltos en horario de prácticas pero sen remuneración algunha, a diferenza das estadías en hospitais, polas que si reciben compensacións. Por riba, e segundo denuncian, o órgano dependente da Consellería de Sanidade estaría a limitar as prazas de estadías clínicas; cando as prácticas son necesarias para titular a carreira.

LIMITACIÓN DE PRAZAS

O caso dos alumos de 4º vén de ser especialmente criticado porque, cando "parecía volver de forma completa á actividade", a Consellería "prohibiulles estar en contacto con pacientes covid", feito que implicaría a redución das prazas dispoñibles. A prohibición do Sergas, pois, chegaría logo de ofrecer un posto ós mesmos estudantes para facer as probas serolóxicas, circunstancia na que, evidentemente, tamén hai risco de contacto con contaxiados por covid.

Ante esta situación, o estudantado do grao de Enfermería vén de botar man da asemblea aberta, un órgano constituído durante a folga do confinamento, para unir forzas contra os movementos da Consellería. A resposta ó Sergas estase a fraguar nunha campaña artellada baixo o hashtag #prácticas dignas. A publicación onde se resumen as críticas ó Sergas acumula xa máis de 1.300 mostras de apoio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta