Xa hai 5 empresas interesadas en redactar o proxecto para mellorar o Corredor Atlántico

O obxectivo é dotar de infraestruturas máis competetitivas a conexión entre Galicia e Portugal.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/11/2020 | Actualizada ás 18:48

Comparte esta noticia

Un total de cinco empresas presentaron ofertas para redactar a Estratexia Loxística de Galicia 2020-2028, coa que se definirá o conxunto de infraestruturas prioritarias para a competitividade do Corredor Atlántico europeo de mercadorías. Segundo informa a Xunta, trátase dun contrato que se licitará por un importe de máis de 161.000 euros. O obxectivo é iniciar os traballos a comezos do 2021 e que se estendan por un prazo de 15 meses.

Trátase dunha iniciativa do Goberno galego para "potenciar as infraestruturas e o transporte como factores de calidade de vida e de competitividade", á vez que responder "á defensa conxunta" dos intereses do noroeste peninsular a través do Corredor Atlántico. Neste sentido, a estratexia loxística de Galicia busca "preparar o terreo" para que a ampliación definitiva do Corredor, entre 2023 e 2027, recolla as reivindicacións realizadas pola Comunidade galega.

Para a planificación idónea das infraestruturas de mobilidade, o contrato de licitación detallará aquelas actuacións que garantan o transporte de mercadorías "en tempos e condicións competitivas nun contexto de economía globalizada", concreta a Xunta.

SOLICITAR FONDOS EUROPEOS

Ademais, esta estratexia será tamén "a ferramenta esencial" da participación de Galicia no plan director do Corredor Atlántico, cuxa elaboración corresponde ao Ministerio de Transportes para solicitar fondos europeos do mecanismo 'Conectar Europa' ou do programa 'Next Generation'.

De feito, a Xunta asegura nun comunicado que "xa ten claros" os proxectos "máis importantes", como o saída sur ferroviaria de Vigo e a conexión do Porto (Portugal) e Punta Langosteira, na Coruña.

Un camión circula pola estrada.. XUNTA - Arquivo
Un camión circula pola estrada.. XUNTA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta