Pontevedra terá un novo campo de fútbol ao carón das instalacións militares da Brilat

A Concellería de Deportes recibe autorización da Axencia Estatal de Seguridade Aérea (Aesa) para levantar as torres de iluminación de máis de 20 metros.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 02/11/2020 | Actualizada ás 14:31

Comparte esta noticia

A Xunta de Goberno Local de Pontevedra anunciou a construción do novo campo de fútbol de herba sintética da parroquia de Salcedo, nas inmediacións das instalacións da Brilat, tras a cesión de terreos por parte da comunidade de montes. Unha obra que terá un custe de 1,6 millóns de euros.

Futuro campo de fútbol na parroquia de Salcedo, ao carón das instalacións da Brilat, en Pontevedra
Futuro campo de fútbol na parroquia de Salcedo, ao carón das instalacións da Brilat, en Pontevedra | Fonte: Concello de Pontevedra

O tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández, agarda que tanto a autorización de Defensa como a formalización e rúbrica do acordo de colaboración, “se poidan materializar nas vindeiras semanas”. “A pesar de que os terreos nos que se construirá o campo de fútbol estaban clasificados como rústicos e de protección forestal dende 2011, a Xunta da Mancomunidade de Montes acordou en 2019 a súa cesión ao Concello para uso deportivo, polo que era preciso que a Xunta de Goberno Local aprobase a súa recepción”, explicou o edil socialista.

No que atinxe á autorización en materia de servidumes aeronáuticas, Aesa informou recentemente ao Concello sobre a súa decisión de permitir a construción do campo de fútbol e a instalación das torres de iluminación, que terán unha altura de 24,61 metros. Segundo sinala a Axencia Estatal de Seguridade Aérea, “unha vez analizada a documentación recibida” e comprobado que a construción e as instalacións proxectadas se “en terreos que están afectados polas servidumes aeronáuticas establecidas para o Aeroporto de Vigo”, os servizos técnicos de Aesa verificaron que “non vulneran ningunha das citadas servidumes”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta