Música con versos de Rosalía en Madrid para premiar ao arquitecto Álvaro Siza

A interpretación correu a cargo da galega Najla Shami nun acto ó que acudiu o presidente do Goberno.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/11/2020 | Actualizada ás 09:30

Comparte esta noticia

Resoaron as palabras de Rosalía de Castro no madrileño Palacio de Zurbano. O pasado venres 29 de outubro foi entregado neste espazo de Madrid o Premio Nacional de Arquitectura ó galardoado Álvaro Siza; primeiro arquitecto non español que recibe a distinción nos case 90 anos de historia que esta acumula.

Un teatro. REMITIDA - Arquivo
Un teatro. REMITIDA - Arquivo

A velada do pasado do venres foi desenvolta de xeito virtual tendo en conta a situación sanitaria e as restriccións á mobilidade, que impediron a Siza acudir á entrega. Si estivo a cantante galego Najla Shami, convidada para interpretar dous temas na honra de Siza, coñecido amante da música e da poesía. 

A vocalista e compositora non perdeu oportunidade de levar a principal voz lírica do país a Madrid e interpretou dúas pezas do seu repertorio construídas sobre dous poemas de Rosalía de Castro: 'Na lingua que eu falo' e a xa universal 'Negra sombra'. A interpretación, en principio, ía ter lugar en Santiago de Compostela -escenario de moitas das obras de Siza- pero a organización decidiu trasladalo a Madrid para limitar os desprazamentos.

O acto en cuestión foi organizado pola dirección xeral de Axenda Urbana do Ministerio de Transportes. De aí que contara coa presenza do presidente do Goberno Pedro Sánchez, primeiro xefe do executivo que entrega un Premio Nacional de arquitectura. Ante el actuou tamén a vocalistas galega, que vén de recibir ela mesma a pasada semana outro premio: neste caso o Martín Códax da Música Galega polo traballo 'Ela sabe a sol'.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta