A USC recibirá 4,2 millóns, a UDC 3 e a UVigo 3,6 da repartición do Fondo COVID estatal

VAn destinados a paliar o sobreesforzo económico motivado pola pandemia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/11/2020 | Actualizada ás 14:13

Comparte esta noticia

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade fixo público a repartición dos 10,9 millóns de euros do Fondo Covid correspondentes ao tres institucións académicas.

En concreto, a Universidade de Santiago recibirá 4,2 millóns de euros, a súa homóloga coruñesa tres e a institución viguesa uns 3,6 millóns de euros, segundo recolle o acordo alcanzado e consensuado coa administración galega

O destino destes fondos será facer fronte aos gastos derivados da COVID-19 nestas institucións. Para decidir a repartición, tívose en conta o numero de alumnos de grao e máster. O gasto baséase en programas ao que se deben axustar as propostas das universidades, estruturadas en melloras sanitarias, dixitalización e actuacións en infraestruturas.

Deste xeito, as contías destinaranse a paliar o sobreesforzo económico motivado pola pandemia e os gastos adicionais para manter a calidade da oferta académica e a investigación.

Estes 10,9 millóns que proceden do fondo creado por Real Decreto-lei 22/2020 do Goberno central, únense ao tres millóns facilitados pola Consellería con recursos propios.

Os reitores galegos e o conselleiro de Educación visitan as obras do edificio Fontán na CdeC. ÓSCAR CURRAL
Os reitores galegos e o conselleiro de Educación visitan as obras do edificio Fontán na CdeC. ÓSCAR CURRAL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta