Ecoloxistas acusan ao Goberno de impulsar a "minaría especulativa" valéndose de "pretextos verdes"

Temen que esta deregulación poida afectar a territorio galego.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/11/2020 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O ecoloxismo como pretexto para actitudes non ecolóxicas. A división galega de Ecoloxistas en Acción acaba de lanzar unha alarma contra o último documento en materia ambiental lanzado polo Goberno de Pedro Sánchez, a “Folla de Roteiro para a xestión sostible de Materias Primas Minerais” do Ministerio para a Transición Enerxética e o Reto Demográfico.

Mina de Varilongo en Santa Comba
Mina de Varilongo en Santa Comba | Fonte: Ecoloxistas en Acción

Segundo denuncian os ecoloxistas, o documento presentado polo goberno bipartito fai referencia ó concepto de "minería sostible", unha noción que Ecoloxistas en Acción ve "unha falacia. De acordo coa asociación denunciante, o Goberno viría de gabar a "contribución da minería a unha 'economía climáticamente neutra'”, cando, segundo as mesmas fontes, esta "é un contribuínte neto ao cambio climático e á destrución da natureza".

E é que, de acordo coas mesmas fontes, o Goberno de Sánchez estaría a facer uso de "pretextos" ecoloxistas para dar saída a prácticas que os denunciantes ven unha "ameaza de contaminación sen precedentes". Este abano de excusasa abranguiría dende a "descarbonización, a loita contra o cambio climático, a xeopolítica de bloques ou a desertización rural", todo para "achandar o camiño para a nova onda de minería especulativa".

 

"En Galicia sufrimos a cotío a presión extractivista da minaría metálica «low cost»", explican. "Unha presión alentada por este tipo de politicas e pola laxitude do goberno autonómico nos controis para minimizar o pasivo ambiental destas explotacións", describen en relación a proxectos como os da mina de Corcuesto, Touro ou San Finx, que xa foron duramente respostados pola veciñanza que "sabe de antemán a que se expón".

 

RECICLAXE INTEGRAL

Ante estas circunstancias, para Ecoloxistas en Acción, a única aposta "realista" é un cambio "radical" cara á reciclaxe integral, que xustifican tendo en cuenta que a día de hoxe "a reciclaxe de minerais como o litio, telurio ou terras raras está por baixo do 1 % e o do cobre está entre o 43 % e o 53 %". "A 'nova' minería creará novos problemas e potenciais desastres que as Administracións demostraron ser incapaces de resolver. A descarbonización e o cambio climático convertéronse nun “pretexto verde” para seguir contaminando e especulando con recursos finitos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta