Activada a alerta laranxa por temporal costeiro en parte da provincia da Coruña

Os fortes ventos arrincarán na tarde deste mércores.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/11/2020 | Actualizada ás 12:44

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Primeira da Xunta activou unha alerta laranxa por temporal costeiro no noroeste e oeste da provincia da Coruña.

Segundo informou a Xunta nun comunicado, a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) indicou que o fenómeno meteorolóxico adverso costeiro dará comezo na tarde deste mércores no noroeste e oeste da provincia da Coruña, por vento do noroeste de forza 8.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e das persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos das provincias afectadas; deputacións; servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.

Ademais, lembra a importancia de manterse afastados da liña de costa; de diques, rompientes, espigóns, peiraos, praias, paseos marítimos e todas aquelas zonas que poidan ser varridas polo mar.

Temporal na costa galega por forte ondada e vento. ELISA PIÑÓN - EUROPA PRESS - Arquivo
Temporal na costa galega por forte ondada e vento. ELISA PIÑÓN - EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta