O primeiro anuncio en galego da historia cumpre anos: sabes que promocionaba?

Fanse 144 anos da súa publicación en O Tío Marcos d'a Portela

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/11/2020 | Actualizada ás 21:45

Comparte esta noticia

O primeiro anuncio en galego da historia está no aniversario. Esta curiosa efeméride corresponde á publicación dunha folla promocional de máquinas de coser Singer. Foi o 5 de novembro de 1876, cando en pleno Rexurdimento o semanario O Tío Marcos d'a Portela se converteu na primeira publicación monolingüe en lingua galega.

Anuncio dunha máquina de coser Singer, tido polo primeiro espazo promocional en galego do que existen rexistros
Anuncio dunha máquina de coser Singer, tido polo primeiro espazo promocional en galego do que existen rexistros | Fonte: Twitter:@galizasempre

Desenvolta a cargo do poeta e xornalista Valentín Lamas Carvajal, O Tío Marcos serviríalle ó autor ourensán para publicar por entregas o primeiro best-seller en galego da historia: O Catecismo do Labrego. Case medio século despois, Vicente Risco, Otero Pedrayo e Florentino Cuevillas, entre outros, impulsarían a revista Nós, este ano de aniversario, onde os anuncios tamén ían publicados en lingua galega.

A efeméride foi lembrada en Twitter:

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta