Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 23/06/2025 | Actualizada ás 20:19
O presidente da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo, mantivo este luns unha reunión co presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, no marco da rolda de contactos que a nova executiva da RAG está a manter con diferentes institucións e entidades.
No encontro deste luns participaron tamén a secretaria da Real Academia, Ana Boullón, e a secretaria xeral da Mesa, Celia Armas. As principais cuestións abordadas na reunión foron a situación actual da lingua galego e a negociación dun 'pacto pola lingua'. Ambas as partes coincidiron en sinalar a súa "preocupación" pola "grave situación do idioma" e avogaron por pór en práctica "unha política activa de recuperación do galego".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.