Membro de número da RAG desde 2012, é o coordinador do Seminario de Sociolingüística da institución e exerceu como secretario entre 2013 e 2021, cando asumiu a vicesecretaría, posto que ha sostentando ata agora
  comenta   0
O sociolingüista galego reflexiona sobre a situación actual do idioma e os efectos das políticas lingüísticas e do sistema educativo. Critica o decreto do plurilingüísmo e aposta por un novo plan de normalización lingüística que ten que ter "un arropamento político nas autoridades deste país, non só no goberno galego, tamén nos concellos, nas deputacións".
Expertos analizan o impacto dos prexuízos e a falta de recursos nunha mesa redonda na que coincidiron en que a transmisión xeracional e o ámbito educativo son claves para a supervivencia da lingua.
"A xente nova ve nas persoas que saen nas pantallas e nas redes sociais referentes dignos de imitar, molóns, persoas que marcan tendencia... E, entre eles, evidentemente, o peso do castelán é asoballante", expón o tamén investigador do ILG. "Urxe protexer aos mozos que falan galego; sen base de falantes, perdemos o futuro da lingua", advirte.
  comenta   2