Galicia entra de cheo no mundo lusófono

Todos os grupos do Parlamento apoian unha proposta lexislativa popular que aposta por recuperar os lazos coa lusofonía e usar o galego como potencial económico.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/05/2013 | Actualizada ás 13:27

Comparte esta noticia

Galicia inicia este martes o camiño para a recuperación dos lazos co mundo da lusofonía e empregar o galego e as súas raíces comúns co portugués como potencial económico, non só co país veciño, senón coas potencias emerxentes, como Brasil.

E é que todos os grupos da Cámara --incluído o PP-- votaron a favor da toma en consideración dunha proposta lexislativa popular avalada por 17.000 firmas. Por iso, un dos portavoces da plataforma promotora, o empresario Xosé Carlos Morrel González, destacou este día como "fito histórico" xa que se dá luz verde ao comezo do camiño para "volver unir o que a historia separou".

Aprendizaxe do portugués

A lei, que será modificada en trámite parlamentario, ten como obxectivo incorporar, progresivamente, no prazo de catro anos, a aprendizaxe de lingua portuguesa en todos os niveis de ensino regulado. Ademais, pretende recoñecer especialmente o dominio desta lingua no acceso para a función pública e concursos de méritos.

Precisamente, este texto recibiu o apoio dos grupos parlamentarios un día despois de que os gobernos español e portugués aprobasen unha resolución conxunta na XXVI cume hispano-lusa, na que reafirmaron o interese de seguir promocionando "o ensino das linguas española e portuguesa nos respectivos países veciños".

Os promotores razoan esta iniciativa na dedicatoria do Día dás Letras Galegas a Valentín  Paz-Andrade,  que ademais de destacar no ámbito das letras, foi un dos impulsores do grupo industrial Pescanova, que converteu na primeira compañía armadora europea de buques conxeladores, e da que foi vicepresidente (1960), pero que agora se atopa en situación concursal.

Vertente económica da proposta

De feito, a vertente económica é unha dos eixos principais desta proposta. Así, en segundo termo, esta proposta quere que as relacións cos países de lingua oficial portuguesa constituísen un "obxectivo estratéxico" do Goberno galego.

Diversos medios portugueses, entre eles a RTP, a TSF ou o xornal Expreso fixeronse xa eco desta iniciativa popular para unir a Galicia co mundo lusófono.

Presentación no Parlamento da iniciativa popular 'Paz-Andrade'
Presentación no Parlamento da iniciativa popular 'Paz-Andrade'

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

9 Cirilo

Parabéns aos galegos e galegas por esta sábia decisão! Saudações de um irmão lusófono do Brasil!

8 Daniel

É uma medida que peca apenas pelo seu atraso mas mais vale tarde que nunca, será bom reforçar a ideia que seria importante que os galegos não vissem a aprendizagem da língua portuguesa no âmbito escolar apenas pelo lado económico à aproximação à lusofonia pois irá transmitir aos lusofónos e principalmente aos portugueses uma atitude apenas interesseira o que inviabilizará uma integração da Galiza na CPLP como membro observador, portanto será mais importante ainda que os galegos vejam nisso principalmente como uma aproximação cultural e linguística do que estritamente económica, porque na economia hoje uns estão bem e amanhã estarão mal, mas a cultura e a língua prevalece pelos tempos.

7 xan soares

e por certo, destacar por suposto a figura de Paz Andrade, un verdadeiro luxo para o noso país.

6 xan soares

moi boa nova, parabens!

5 ttke

Para os separatistas do PP, o galego fóra das fronteiras autonomicas é unha lingua estrangeira. Mentres este mantra Orwelliano existir, todo seguira igual...