Temas: COVID-19

‘Toque de queda’, unha estratexia calculada para europeizarnos

Un equipo multidiciplinar de expertos vén de publicar un informe que denuncia esta campaña da UE para integrar culturas como a galega na disciplina horaria de británicos, xermanos ou nórdicos.

Por X.M. Fernández | Santiago de Compostela | 14/11/2020 | Actualizada ás 21:30

Comparte esta noticia

As restricións á mobilidade nocturna decretadas polo Estado español tras a declaración do ‘estado de alarma’ pode que teñan intencións máis sutís e soterradas como a ‘europeización’ de países de carácter latino, relaxado e trasnoitador.

De cuncas na taberna. Ilustración: Hermanager Producións
De cuncas na taberna. Ilustración: Hermanager Producións

Expertos de diferentes disciplinas como as relacións internacionais, a socioloxía, a antropoloxía ou a psicoloxía están a traballar nun informe encamiñado a desvelar as verdadeiras intencións de reaccións políticas como o “toque de queda” ou a “culpabilización da hostalería”. Tras unhas primeiras conclusións, non concluíntes, entenden que detrás destas medidas executivas poida estar un golpe de porca máis de cara a unificar hábitos de vida europeos. A finalidade real e última sería ir inculcando en culturas como a galega e a española a disciplina horaria para evitar os excesos de trasnoitar, excesos que inciden, segundo afirman, na produtividade laboral e nos custes da sanidade pública.

Xunto con estas restricións horarias para saír da casa habería que relacionar tamén os peches da hostalería en cidades e vilas co pretexto de que son focos de contaxio do Covid-19. Previsiblemente, a presión económica levará ao peche de moitos negocios e a un reaxuste no número de bares e restaurantes que temos, excesivo e esaxerado segundo veñen dicindo dende hai anos dende a Comisión Europea.

Temas: COVID-19
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta