Familiares de maiores acceden á xestión dunha residencia por primeira vez en Galicia

Será na residencia de Celanova que foi un dos focos de contaxios da covid ao inicio da pandemia.

Por Galicia Confidencial | Celanova | 12/11/2020 | Actualizada ás 10:58

Comparte esta noticia

Os familiares tamén poderán controlar a xestión das residencias nas que están os seus seres queridos. Nun acordo histórico, xa que é a primeira vez que acontece en Galicia, un integrante das familias estará presente no Consello Reitor da Fundación Hospital San Carlos que dirixe a Residencia San Carlos de Celanova e que é de titularidade público-privada. Este centro foi un dos principais focos de contaxio en residencias ao inicio da pandemia e tivo que ser intervido pola Xunta.

Residencia de anciáns San Carlos de Celanova en Ourense
Residencia de anciáns San Carlos de Celanova en Ourense | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press - Arquivo

REDE, a Federación Galega de Familias de Usuarios de Residencia e Dependencia, fai pública a súa satisfacción e ilusión polo acordo alcanzado entre a corporación municipal de Celanova e o Padroado da Fundación.

Ademais o Concello de Celanova concedeu unha subvención á Residencia San Carlos para compensar os efectos da crise da covid19 e que a dirección cifrou en 72.000 euros. As familias de residentes pensan que este diñeiro poderá servir para  reforzar o persoal coa contratación dunha enfermeira máis até dotar o centro de atención especializada as

24 horas e durante toda a semana.

Tamén apostan por contratar persoal para tarefas específicas de limpeza e lavandaría, que veñen sendo desenvolvidas polas auxiliares" cunha carga de traballo que lles dificulta

realizar co debido coidado o labor propio da súa cualificación", din. Ademais, avogan por contratar máis auxiliares para manter o nivel da atención nas novas circunstancias que impón a pandemia.

"REDE está satisfeita polo traballo desempeñado polas compañeiras de Ourense, que se esforzaron en lograr que esta iniciativa saíse adiante cun respaldo unánime na corporación e moi amplo entre as traballadoras do centro e os membros da  dirección", apunta nun comunicado ao tempo que pide que este acordo se faga efectivo "canto antes" e

que se establezan uns criterios aceptados por todas as partes para a elección dos

representantes das familias e da corporación municipal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 FZEH

As residencias teñen que ser controladas, o covid non pode ser unha excusa para prácticas opácas.