Feijóo di que os peches "van mellor" en Santiago e Ourense porque comezaron antes

"Hai resultados esperanzadores", asegura.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/11/2020 | Actualizada ás 14:11

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, asegurou este luns en Lugo que os resultados dos peches perimetrales activados hai 10 días e da hostalaría para frear os contaxios da Covid-19, establecidos na actualidade en 67 municipios, están a ser "esperanzadores".

"Estabamos cunhas PCR positivas en torno ao oito por cento e agora estamos por baixo do sete por cento e cada vez aproximándonos máis ao 6,5 por cento", afirmou, a preguntas dos medios con motivo da súa presenza nunha visita nunha empresa en Lugo.

Respecto diso, subliñou que "as provincias e as cidades que empezaron antes, sobre todo Santiago e Ourense son as que mellor van". "E mantemos expectativas de que ao longo deste mes de novembro sigamos baixando o número de casos activos e controlando o número de camas (nos hospitais)", subliñou o mandatario autonómico.

Con todo, o presidente galego advertiu que non se pode "cantar vitoria", pero "a tendencia é positiva para resetear o sistema sanitario e poder encarar o mes de decembro con mellores perspectivas que novembro".

"Iremos facendo un apartado de avaliación rigorosa cada semana, mañá (martes) toca facelo e nos próximos días espero ter datos máis contundentes e máis esperanzadores dos que xa temos", concluíu.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, fai declaracións tras visitar unha empresa en Lugo.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, fai declaracións tras visitar unha empresa en Lugo. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta