A Xunta contrata unha empresa privada para medir a intesidade do tráfico nas estradas galegas

O contrato estará vixente a partir de 1 de xaneiro de 2021 por un período inicial de tres anos. Pode ser prorrogado outros dous anos máis, cun investimento ata os dous millóns de euros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/11/2020 | Actualizada ás 19:19

Comparte esta noticia

A Consellería de Infraestruturas adxudicou --á empresa Iceacsa Consultores-- a xestión do novo contrato do chamado Plan de Aforamentos das estradas da Xunta, co que se medirá a intensidade de vehículos o próximos tres anos.

En concreto, recolleranse datos nas 372 estacións de aforamento fixas e móbiles. Para iso, empregaranse drones, datos de telefonía e 'big data' para obter máis información e con maior rapidez.

O contrato estará vixente a partir de 1 de xaneiro de 2021 por un período inicial de tres anos. Pode ser prorrogado outros dous anos máis, cun investimento ata os dous millóns de euros.

Segundo explica a Xunta, esta información permitirá "planificar e explotar acertadamente a rede viaria autonómica e racionalizar os investimentos".

Por exemplo, servirá para saber se é necesario realizar unha mellora nunha estrada, cando se debe facer unha ampliación de capacidade porque se rexistran circulacións moi elevadas ou se é oportuno construír vías alternativas. Tamén recompila os accidentes para fixar os tramos de concentración de sinistros.

Como principais novidades, o Plan de Aforamentos recolle novos instrumentos como a medición dos aforamentos nas sendas peonís e ciclistas. Tamén inclúe a adquisición de datos anónimos de posicionamento de teléfonos móbiles, que se analizarán con tecnoloxía 'big data' para obter información útil para seguridade viaria e a elaboración de mapas coa velocidade real de determinados puntos de estradas.

A rede de estradas de titularidade da Xunta rexistrou en 2019 un incremento anual do 2,6% en canto a quilómetros anuais percorridos polos vehículos.

Estrada en Galicia. XUNTA - Arquivo
Estrada en Galicia. XUNTA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta