Os profesionais do Sergas que cambien de destino poderán ser chamados para a súa praza de orixe pola pandemia

A incorporación será en diferido para evitar problemas de organización nos servizos e os días de permiso poderán collerse noutro momento

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/11/2020 | Actualizada ás 12:14

Comparte esta noticia

Os profesionais do Servizo Galego de Saúde (Sergas) que participen no concurso de traslados deste ano e, por tanto, cambien de destino, poderán ser chamados para a súa praza de orixe no caso de que existan necesidades asistenciais derivadas da crise do coronavirus.

Ademais, a previsión é que a incorporación destas persoas ás súas novas prazas sexa progresiva para evitar problemas de organización e os días de permiso dos que dispoñen para facer estes traslados poderán collerse noutro momento co fin de que os servizos non queden sen cubrir as súas necesidades.

Este procedemento excepcional para o concurso de traslados deste ano foi pactado na mesa sectorial o pasado 13 de novembro e publícao este venres 20 o Diario Oficial de Galicia (DOG), que recolle Europa Press. Falta aínda a data definitiva pola que ser farán efectivos os concursos de traslados, pero que se prevé para a contorna do 25 de novembro.

A orde que publica do DOG, e que asina o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, recolle que os directores ou xerentes dos centros sanitarios do sistema público de saúde, durante a vixencia do estado de alarma, "poderán requirir de calquera dos profesionais que resulte adxudicatario de destino neste concurso de traslados e incorporouse á prestación de servizos no centro adxudicado, o regreso ao seu destino de orixe".

OS PERMISOS, EN DIFERIDO

O concurso de traslados permitirá que 1.036 profesionais alcancen novos destinos definitivos e, co respaldo de CIG, CC.OO., CSIF e UXT, implantaranse en todas as áreas sanitarias novos postos de coordinación de técnicos superiores con funcións de coordinación e xestión do persoal de cada especialidade.

Un monitor situado fronte ao control de Enfermaría reflicte as constantes vitais de todos os pacientes ingresados en Urxencias. HOSPITAL POVISA
Un monitor situado fronte ao control de Enfermaría reflicte as constantes vitais de todos os pacientes ingresados en Urxencias. HOSPITAL POVISA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta