As terrazas con axudas Covid terán que cumprir coa Guía de Cores de Galicia

A Xunta destinará 3 millóns a axudas para que restaurantes, bares e cafeterías adapten as súas terrazas ou os alimentos para vender a domicilio.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 20/11/2020 | Actualizada ás 17:33

Comparte esta noticia

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que a Xunta destinará uns 3 millóns de euros a axudas para que restaurantes, cafetarías e bares adecuen as súas terrazas e os elementos destinados ao servizo de comida a domicilio. Pero, para recibir subvencións no primeiro dos casos, terán que cumprir os requisitos da Guía de Cores de Galicia.

Terraza recollida nun establecemento de Sanxenxo, Pontevedra, Galicia (España), a 19 de novembro de 20202. Beatriz Ciscar - Europa Press
Terraza recollida nun establecemento de Sanxenxo, Pontevedra, Galicia (España), a 19 de novembro de 20202. Beatriz Ciscar - Europa Press

"Pero para recibir estas axudas terán que someterse á Guía de cores de Galicia polo que veremos tamén unha maior harmonía destas terrazas co ambiente", dixo na rolda de prensa posterior á reunión do Consello. Así, enmarcou estas subvencións nas medidas postas en marcha polo Executivo autonómico para apoiar a "os sectores máis castigados" pola pandemia, como é o caso da hostalaría. "Volvemos saír en rescate da hostalaría", expresou.

O presidente explicou que, con esta convocatoria, a Xunta espera chegar a uns 1.400 establecementos. En concreto, a través do Igape ofreceranse axudas directas do 80% do investimento realizado polos locais, que deberá ser de entre un mínimo de 1.500 e dun máximo de 25.000 euros.

Os apoios concederanse por concorrencia non competitiva --é dicir, por orde de solicitude-- e serán subvencionables os investimentos realizados desde o 1 de outubro, momento no que a Xunta puxo en marcha as primeiras restricións para facer fronte a esta segunda onda da covid.

O presidente, que sostivo que as terrazas, que serán "determinantes" durante os próximos anos, estarán sometidas aos requisitos incluídos na Guía das Cores de Galicia. Ademais, precisou que as axudas se empezarán a pagar unha vez aprobado o orzamento da Xunta para 2021, que espera que sexa a última semana de xaneiro ou a principios de febreiro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta