Temas: TSXG REGANOSA

O TSXG rexeita a paralización de Reganosa solicitada por unha plataforma veciñal

A entidade advertía dos "perigos inherentes da carencia do plan de emerxencia exterior", que foi anulado pola sentenza do Supremo.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 20/11/2020 | Actualizada ás 16:54

Comparte esta noticia

A Sección Segunda da Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) rexeitou ordenar a paralización inmediata das actividades de recepción, almacenamento, regasificación e expedición de gas natural licuado da empresa Reganosa solicitada pola Plataforma de Veciños do Cruceiro de Mehá na súa petición de execución dunha sentenza ditada polo Tribunal Supremo en xullo de 2016.

Central de Reganosa en Mugardos
Central de Reganosa en Mugardos | Fonte: Reganosa.

A entidade advertía na súa solicitude dos "perigos inherentes da carencia do plan de emerxencia exterior", que foi anulado pola sentenza do Supremo.

Con todo, o TSXG rexeita esta argumentación e acepta a formulación tanto da Xunta de Galicia como de Reganosa.

De acordo coa resolución notificada este venres, a planta conta cun Plan de Emerxencia Exterior aprobado en 2013, polo que se considera que "a empresa tiña e ten a necesaria cobertura para continxencias de emerxencia derivadas do devandito plan".

E tamén se ratifica que a instalación dispón de plena cobertura urbanística de acordo coa modificación puntual aprobada en 2012, que foi confirmada por dúas sentenzas firmes do Tribunal Supremo.

De feito, a resolución xudicial notificada nesta xornada atópase na liña co auto ditado polo Supremo o pasado mes de maio, no que tamén se desestimou unha petición de paralización da actividade de Reganosa.

Temas: TSXG REGANOSA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Atónito

Habría que ver quien paga estas demandas sin base jurídica ninguna y algo habría que hacer para que sus temerarios promotores no se fueran de rosita

1 Estupefacto

Estas actuaciones arbitrarias y excesivas se debería saber quien las paga y deberían suponer un coste para quien las emprende.