Dúas mulleres trasladadas ao CHUO tras sufrir senllos accidentes en Ourense e na Peroxa

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/11/2020 | Actualizada ás 14:21

Comparte esta noticia

Dúas mulleres necesitaron ser trasladadas ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) este luns tras sufrir outros tantos accidentes de tráfico na cidade de Ourense e no municipio da Peroxa, respectivamente.

Segundo informa o 112, o primeiro destes sinistros ocorreu sobre as 11,30 horas no lugar de Vilar de Astrés, no témrino municipal da capital provincial. A afectada, unha muller de 53 anos, necesitou ser evacuada tras caer co coche por un barranco.

Tras recibir o aviso, a central de emerxencias puxo os feitos en coñecemento dos bombeiros de Ourense ante a posibilidade de que houbesen persoas atrapadas no interior. No entanto, unha vez no lugar do accidente, comprobaron que os ocupantes estaban xa liberados e accesibles.

Finalmente, unha ambulancia de soporte vital avanzado derivou ao CHUO á muller tras constatar que precisaba asistencia médica polas feridas que presentaba, tal e como indican a Europa Press fontes do 061-Urxencias Sanitarias.

COLISIÓN CONTRA UN MURO NA PEROXA

Media hora despois, outra muller, de 74 anos, era trasladada ao hospital en ambulancia despois de que o vehículo que conducía chocase contra un muro no lugar de Abertesga. Tampouco neste caso se precisou excarcerar a ningún dos afectados, pero o 112 si puxo os feitos en coñecemento da Garda Civil de Tráfico e dos bombeiros do Carballiño.

Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo
Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta